viernes, 19 de marzo de 2010

MORRIÑA


A morriña é un término que define a nostalixia da terra amada, que se sinte cando estando lonxe, escoitase por exemplo, o son dunha gaita.


Tódalas rexións españolas tiveron música popular. Cando todo estaba repartido, viron que chegaba ansiosa e confusa una fermosa muller: era Galiza. Galiza fermosa entre as fermosas, boa e cordial entre as boas e as cordiais, Deus dixolle a Galiza que chegara tarde e que todo xa estaba repartido. Ó escoitar isto, a fermosa muller votouse a chorar, Suplicaba, saloucaba; rezaba para que o Señor se enternecese. E Deus enterneceuse.


- Choraches, rezaches, e saloucaches – Dixolle o Señor a Galiza-. E quero darche una música que teña todas estas cousas o mismo tempo; que teña un choro, un salouco e un rezo. Galiza, a dos ollos amorosos sonrieu, esta volta de gratitude.


O Señor respondeulle:

- E pondrei tamen na tua música, por este sorriso de agora, un sorriso de infinita melancolia.


Galiza conmovida, emocionada, colleu a fimbria do manto do Señor e bicouno.


- E por este bico dos teus beizos, que sempre dixeron verbas de bondade, vou a poñer tamén nesta música algo que é unha cousa suprema; algo que vai facer que tódolos carazóns latexen con emoción, cando escoiten esas melodías. Vou poñer na tua música popular o sentimento profundisimo, indecibel que se sinte no intre da emiración; no intre no que, tendo que deixar a Terra Nai para marchar moi lonxe, se bique á nai ou a namorada.


E así foi creada a música popular galega, a máis conmovedora de tódalas músicas populares de España.


Eso é a morriña, o son dunha gaita cando estás lonxe da tua terra amada.

1 comentario:

Anónimo dijo...

volveras escribir algunha vez?